sábado, 7 de abril de 2012

A Coral comezou a temporada de concertos do 2012

En Lugo, o pasado venres, 23 de marzo, a Coral ofreceu un concerto xunto coa Orquestra de Corda do Conservatorio Profesional de Música, no Auditorio do Centro.
Este concerto devolveu a visita que a citada orquestra ofrecera en Ribadeo, na Semana Santa de 2011, para a estrea da obra "Dies Irae" de Eli García-Bouso.
A Coral interpretou, xunto a Orquestra, esta obra e "Ave verun" e completou o programa con dúas pezas profanas e tres relixiosas.
Destacou a interpretación de "Hallelujah" de Leonard Cohen pola beleza da peza en si mesma e pola versión, adaptada a Coral, na que as voces xuvenís van creando dende o comezo un clima de emotividade que contaxia a interpretación xeral.
A Coral foi felicitada polo equipo directivo do Centro que suxeriu a posibilidade de repetir esta colaboración con outro concerto noutro local da cidade, polo que ambas as dúas agrupacións seguirán en contacto.


En Ribadeo, a Coral participou, como xa vén sendo habitual, nos actos da Semana Santa, concretamente no Pregón do pasado día 31 de marzo e na Misa do Xoves Santo.
Destacamos destas actuacións o Pregón, no que a Coral estivo acompañada polo grupo Arco-Vento, na interpretación de "Quando corpus morietur" do Stabat Mater de Pergolessi, e polo Coro Sagrado Corazón que interpretou coa Coral "Panis angelicus" e Hallelujah" con cuxa interpretación volveron emocionar o público que despediu con incesantes aplausos ás dúas agrupacións.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS:

AVILÉS: 6 de abril, Festival de Habaneras
POLA DE SIERO : 21 de abril
MEIS (Pontevedra) 29 de abril

No hay comentarios:

Publicar un comentario