domingo, 8 de enero de 2012

Un concerto SOBRESAÍNTE

Rematou o ano 2011 e fíxoo, como de costume, co Festival de Panxoliñas, este xa na XVII edición.
Acompañaron á coral, nesta ocasión, as corais "A Pombiña" de Pedroso-Narón, a Coral de Valdoviño e o Coro Sagrado Corazón (que vén de gañar o 1º e 3º premios nas categorías infantil e xuvenil no Certame de Panxoliñas de Escolas Católicas en Santiago).

A Coral e o Coro tiñan preparado un concerto especial, como veñen sendo sempre estes concertos de panxoliñas, e as expectativas cumpríronse aínda por riba do esperado.
Os temas "Cantémoslle ó Neno, Happy Christmas e o bolero de Navidad" pero sobre todo as estreas da "Suite Comercial Navideña" (que repasa os jingles de famosos anuncios navideños) e o "Hallelujah" de Leonard Cohen (coas voces fermosas e emotivas das rapazas Carmen Rodríguez e Mercedes Awad) puxeron sorrisos e bágoas, tanto no público como nos coralistas (80 voces entre as da Coral e o Coro).

O cansancio dos últimos ensaios, acentuado nestas datas, sobre todo por parte dos coralistas máis novos cos exámenes escolares, merecen a pena a xulgar pola satisfacción que todos experimentamos tanto pola interpretación como pola emoción que soubemos transmitir ó público que nos acompañou e que cos seus aplausos e felicitacións puxeron máis calor ás nosas voces nunha fría noite de Nadal.
Felicidades a todos os coralistas que fixeron posible este fermoso concerto e graciñas a todos os que nunha ocasión máis nos acompañastes para vivir e soñar a música.


Cun doce canto de Paz.



Feliz 2012