Mañá, día 2 de novembro, a Coral dará un pequeno concerto no Auditorio municipal, ás 9 da noite, para inaugurar o Congreso de médicos que se celebrará estes días na nosa vila.
O sábado día 3, a Coral participará no Festival de Habaneras que terá lugar na vila asturiana de Cudillero, onde interpretará catro pezas, mariñeiras e habaneras.
jueves, 1 de noviembre de 2012
miércoles, 22 de agosto de 2012
CELEBROUSE O XVIII FESTIVAL DE HABANERAS “RÍA DE RIBADEO”
O sábado, 18 de agosto, no Auditorio municipal, tivo lugar unha nova edición do xa tradicional festival de habaneras. Nesta ocasión foron o “Coro de Oleiros” (A Coruña) e “O Son dos Cantares” de Mos (Pontevedra) os que acompañaron á Coral Polifónica de Ribadeo no escenario.
O público, que dende media hora antes do inicio, xa agardaba nunha longa fila, encheu, como de costume, o Auditorio e disfrutou da variedade dos distintos repertorios e das interpretacións particulares que cada coral fai dos mesmos.
A nosa Coral, que conta cun público fiel e entusiasta que nos anima e nos segue, foi agasallada con incesantes aplausos. Nesta ocasión, escollemos habaneras locais e emotivas como “A Despedida” e outras novas e de gran dificultade como “A tu lado”, completando o programa coa alegre canción filipina “Rosas Pandan” ou a intemporal “Te quiero”, na que solista e coro logran transmitir ó público a intensidade dos versos de Benedetti.
Neste XVIII festival o público, nembargante, botou de menos a habanera “Yo quiero ser marinero”, coa que era costume rematar esta xuntanza coral. Hai feitos que van arraigando na xente ano tras ano e que un non se decata de que xa se converten en costume. E a costume leva á tradición e se a tradición se rompe (aínda que sexa por motivos fundados) hai un certo malestar. Así que a tradición de rematar o Festival de Habaneras coa peza “Yo quiero ser marinero” seguirá mentres haxa festival ou mentres o público non demande un cambio.
Outras actuacións:
Dende a reseña aparecida no mes de abril, foron, ademais deste festival de habaneras, varias as actuacións que a Coral realizou:
-En xuño, colaboramos cunha pequena actuación nun acto organizado polo Observatorio da Mariña pola igualdade. Tamén participou no citado acto poético-musical, a cantante Uxía Senlle, coa que a Coral tivo o inmenso pracer de interpretar “ Unha noite na eira do trigo” e a habanera “Casiñas brancas”, actuación que pode verse en Youtube.
-En xullo, ofrecemos un concerto baixo o título “A nosa música”, dentro do curso de verán “Arte e Patrimonio na Mariña Lucense” que organizou a USC. Nesta ocasión, e para buscar un repertorio acorde coa temática das xornadas, o programa estivo composto por música galega (con varias pezas de músicos da Mariña) e zarzuelas.
-Xa neste mes de agosto, viaxamos a Corme para participar no “VIII Festival de Habaneras”, onde compartimos escenario coas corais de Culleredo, Pontedeume e Corme. A actuación, na Praza do Pan, foi moi ben acollida polo público que aplaudiu con entusiasmo a boa interpretación da Coral.
Próximas actuacións:
25 de agosto: Pregón das festas patronais de Ribadeo
8 de setembro: Misa da Patrona
6 de outubro: Valga (Pontevedra)
27 de outubro: Boadilla del Monte (Madrid)
novembro: Misa de Santa Cecilia
decembro: Baio (A Coruña)
Ribadeo (Festival de Panxoliñas)
sábado, 7 de abril de 2012
A Coral comezou a temporada de concertos do 2012
En Lugo, o pasado venres, 23 de marzo, a Coral ofreceu un concerto xunto coa Orquestra de Corda do Conservatorio Profesional de Música, no Auditorio do Centro.
Este concerto devolveu a visita que a citada orquestra ofrecera en Ribadeo, na Semana Santa de 2011, para a estrea da obra "Dies Irae" de Eli García-Bouso.
A Coral interpretou, xunto a Orquestra, esta obra e "Ave verun" e completou o programa con dúas pezas profanas e tres relixiosas.
Destacou a interpretación de "Hallelujah" de Leonard Cohen pola beleza da peza en si mesma e pola versión, adaptada a Coral, na que as voces xuvenís van creando dende o comezo un clima de emotividade que contaxia a interpretación xeral.
A Coral foi felicitada polo equipo directivo do Centro que suxeriu a posibilidade de repetir esta colaboración con outro concerto noutro local da cidade, polo que ambas as dúas agrupacións seguirán en contacto.
En Ribadeo, a Coral participou, como xa vén sendo habitual, nos actos da Semana Santa, concretamente no Pregón do pasado día 31 de marzo e na Misa do Xoves Santo.
Destacamos destas actuacións o Pregón, no que a Coral estivo acompañada polo grupo Arco-Vento, na interpretación de "Quando corpus morietur" do Stabat Mater de Pergolessi, e polo Coro Sagrado Corazón que interpretou coa Coral "Panis angelicus" e Hallelujah" con cuxa interpretación volveron emocionar o público que despediu con incesantes aplausos ás dúas agrupacións.
PRÓXIMAS ACTUACIÓNS:
AVILÉS: 6 de abril, Festival de Habaneras
POLA DE SIERO : 21 de abril
MEIS (Pontevedra) 29 de abril

viernes, 23 de marzo de 2012
XVII Festival de Panxoliñas
XVII Festival de Panxoliñas
Coral Polifónica de Ribadeo e Coro Sagrado Corazón
Igrexa Parroquial de Ribadeo
Nadal 2011
Coral Polifónica de Ribadeo e Coro Sagrado Corazón
Igrexa Parroquial de Ribadeo
Nadal 2011
domingo, 8 de enero de 2012
Un concerto SOBRESAÍNTE
Rematou o ano 2011 e fíxoo, como de costume, co Festival de Panxoliñas, este xa na XVII edición.
Acompañaron á coral, nesta ocasión, as corais "A Pombiña" de Pedroso-Narón, a Coral de Valdoviño e o Coro Sagrado Corazón (que vén de gañar o 1º e 3º premios nas categorías infantil e xuvenil no Certame de Panxoliñas de Escolas Católicas en Santiago).

A Coral e o Coro tiñan preparado un concerto especial, como veñen sendo sempre estes concertos de panxoliñas, e as expectativas cumpríronse aínda por riba do esperado.
Os temas "Cantémoslle ó Neno, Happy Christmas e o bolero de Navidad" pero sobre todo as estreas da "Suite Comercial Navideña" (que repasa os jingles de famosos anuncios navideños) e o "Hallelujah" de Leonard Cohen (coas voces fermosas e emotivas das rapazas Carmen Rodríguez e Mercedes Awad) puxeron sorrisos e bágoas, tanto no público como nos coralistas (80 voces entre as da Coral e o Coro).

O cansancio dos últimos ensaios, acentuado nestas datas, sobre todo por parte dos coralistas máis novos cos exámenes escolares, merecen a pena a xulgar pola satisfacción que todos experimentamos tanto pola interpretación como pola emoción que soubemos transmitir ó público que nos acompañou e que cos seus aplausos e felicitacións puxeron máis calor ás nosas voces nunha fría noite de Nadal.
Felicidades a todos os coralistas que fixeron posible este fermoso concerto e graciñas a todos os que nunha ocasión máis nos acompañastes para vivir e soñar a música.
Felicidades a todos os coralistas que fixeron posible este fermoso concerto e graciñas a todos os que nunha ocasión máis nos acompañastes para vivir e soñar a música.
Cun doce canto de Paz.
Feliz 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)